martes, 15 de decembro de 2015

A ESCRITA DOS NÚMEROS


15 de decembro de 2015
        Ola mamá:

        Que tal no traballo? Virás cansada despois de estar traballando sete horas na fábrica que hai cincocentos empregados en mil m2 que observar a través das cámaras. De feito tiveches que ver miles de caras facendo cousas diversas e ter que vixialas desde as vinte e cinco cámaras distintas.

        Escríboche para dicirche que aprobei os dous exámenes de Matemáticas do 20/11/2015. No primeiro exame saquei un seis e no segundo un sete. A media da avaliación e un 6,5.



MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS



O 27 de outubro de 2015 fomos ao Faro de Vigo ver como se imprimían os xornais. Alí estaba Xosé Lois González, un ilustrador moi importante de Galicia. Aproveitando que fomos de viaxe, tamén visitamos unha delegación da Xunta de Galicia na que vimos ao señor Xosé Fontela e a Sra. Lara García debatendo as detencións que houbo na FIFA cando un deles era o presidente galego de fútbol. Nun momento da súa vida escribiu Once xogadores e un árbitro cando vivía no sur de Galicia.



luns, 14 de decembro de 2015

A MULLER ESCAPADA


         Un día unha muller chamada Consuelo escapa do coche de seu fillo cando este se foi un momento para colller auga. Consuelo ten perdas de memoria hai cinco anos, é moitas veces non sabe o que fai. Cando ela xa padecía a enfermidade no ano 1856 non había os adiantos que hai hoxe en día. Unhas horas despois toda a aldea empeza a buscar na velliña pero non aparece.

         Toda a aldea preocupada e a muller seguía sen aparecer, o fillo conta que ela non pode andar moi ben e que non pode estar moi afastada. Cando ven a policía, o fillo e toda a aldea xa están desesperados. Os policías veñen con cans rastreadores pero Consuelo segue sen aparecer e xa se dan por vencidos. Os veciños da aldea dous días máis tarde seguen buscando preto da fonte.


         Un mes mais tarde a vella  aparece morta nun cabaceiro, acaba o sufrimento da aldea pero non a dor por perder a unha muller tan agradable. Á mañá seguinte  encontran na súa mesa unha foto do seu defunto marido, nela que se van ver moi pronto.

mércores, 14 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?


    Miguel é un rapaz listo, intelixente, traveso, deportista, áxil mentalmente, xoga ben ao fútbol, xoga ben a case todos os deportes, sensible, non é un amigo falso, preocúpase polos demais, controla situacións  perigosas, nugallán , traballador cando quere e rápido.( Daniel Fontela Pardo, amigo, 16 anos).

      Miguel é un rapaz con personalidade, con fortaleza, bó amigo, ás veces algo nugallás , gracioso, non da aguantado o risa, xoga ao fútbol, revoltoso, gasta bromas e sabe recibilas, intelixente, áxil, preocúpase polos demais, ten ambicións na vida e é moi astuto.      (Adrián Garrido Otero, amigo, 15 anos).


       

xoves, 1 de outubro de 2015

ASÍ SON EU

         GÚSTAME:
       
        Xogar ao fútbol, o ordenador, ler, a comida de miña nai, traballar co meu pai, a pizza, o cine, os deportes, o móbil, montar en bicicleta, os coches, facer a cama, xogar co meu irmán, as comidas familiares, facer debuxos, correr, a piscina, coleccionar latas, a fórmula uno, ver os meus curmáns e o sol.

        NON ME GUSTA:

 A choiva, as guerras, o tráfico, as verduras, a intolerancia, o machismo, que me controlen, que me castiguen, que non me deixen xogar o ordenador pola semana, o egoísmo, facer tarefas na casa, o frío, madrugar, os programas de corazón, as serpes, que soe o espertador, o baloncesto, os luns, perder no fútbol, chorar e os políticos.