mércores, 14 de outubro de 2015

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?


    Miguel é un rapaz listo, intelixente, traveso, deportista, áxil mentalmente, xoga ben ao fútbol, xoga ben a case todos os deportes, sensible, non é un amigo falso, preocúpase polos demais, controla situacións  perigosas, nugallán , traballador cando quere e rápido.( Daniel Fontela Pardo, amigo, 16 anos).

      Miguel é un rapaz con personalidade, con fortaleza, bó amigo, ás veces algo nugallás , gracioso, non da aguantado o risa, xoga ao fútbol, revoltoso, gasta bromas e sabe recibilas, intelixente, áxil, preocúpase polos demais, ten ambicións na vida e é moi astuto.      (Adrián Garrido Otero, amigo, 15 anos).


       

xoves, 1 de outubro de 2015

ASÍ SON EU

         GÚSTAME:
       
        Xogar ao fútbol, o ordenador, ler, a comida de miña nai, traballar co meu pai, a pizza, o cine, os deportes, o móbil, montar en bicicleta, os coches, facer a cama, xogar co meu irmán, as comidas familiares, facer debuxos, correr, a piscina, coleccionar latas, a fórmula uno, ver os meus curmáns e o sol.

        NON ME GUSTA:

 A choiva, as guerras, o tráfico, as verduras, a intolerancia, o machismo, que me controlen, que me castiguen, que non me deixen xogar o ordenador pola semana, o egoísmo, facer tarefas na casa, o frío, madrugar, os programas de corazón, as serpes, que soe o espertador, o baloncesto, os luns, perder no fútbol, chorar e os políticos.